
Paisaxistas en Santiago de Compostela
Son Lorena Constenla, paisaxista, experta en deseño de xardíns e urbanismo. Represento ao equipo de ANNUA, unha empresa dedicada ao deseño e arquitectura da paisaxe con un enfoque innovador, sostible e personalizado.
Os nosos proxectos paisaxísticos buscan conectar ás personas coa natureza.
O obxetivo de ANNUA é incorporar o deseño vexetal e paisaxístico a edificios, fogares e exteriores, xa que como seres vivos que somos, non debemos aislarnos do noso entorno e patrimonio natural.
Os nosos deseños de xardín buscan purificar o aire, reducir o ruido e a contaminación por CO2, regular a temperatura, promover a biodiversidade, á par que se revaloriza o inmoble.
Deseñamos xardíns a medida de todo tipo mediante solucións sostibles, perdurables no tempo e de baixo mantemento. Acompañamos ó cliente ao longo de todo o proceso, traballando sempre coas mellores marcas de mobles de exterior e iluminación. Tamén realizamos xardíns verticais, decoración de xardíns, decoración con prantas para interiores e deseño de terrazas entre outros.
Os nosos valores:
Diferenciación
“O que é bo para todo o mundo, a veces para un non vale. Deixemos de vivir tratando de negar que podemos ser especiais. ¿E se é esto o que nos fai brillantes?”
Elisabet Benavent. (2015). Alguien como tú.
Superación
O mundo está en constante movemento e nós movémonos con el. Dende o ámbito tecnolóxico ata o social, adaptámonos e aprendemos dos cambios, sacando o mellor probeito de eles.
Organización
As persoas que organizan o seu tempo de unha maneira que lles permite centrarse, non só van a facer máis cousas, senon que as farán mellor.
¿Cómo traballamos?
1. Planificación estratéxica
Antes do comezo de cada proxecto, manteremos un contacto previo con cada cliente, co fin de coñecer as súas necesidades exactas e as características do proxecto a desenvolver. Para actuar con maior profesionalidade, solicitarase documentación para a elaboración máis exacta dun presuposto.
2. Aceptación do presuposto
Unha vez recibida toda a información necesaria e aprobado o presuposto, organízase unha visita e comezase co deseño.
3. Xa podes despreocuparte
Seleccionado o deseño, encargámonos totalmente da elaboración do proxecto e do seu seguimento en obra.